Ir al contenido principal

AGASALLOS DO APALPADOR E PREMIO¡¡¡¡


O Equipo de Biblioteca participamos co resto do colexio na decoración de Nadal e adornamos o corredor da entrada co buzón de cartas e a figura do apalpador realizada polos axudantes de biblioteca.
Co obxectivo de mellorar a Competencia lingüística os alumnos/as de Primaria, traballaron "como redactar unha carta" nas clases, buscaron palabras en galego relacionadas con esta época do ano e logo escribiron a súa carta para o Apalpador que entregaron na caixa de correos do corredor.


ENTREGA DE PREMIOS E AGASALLOS
E como non podía ser doutra maneira, o Apalpador cumpriu a súa palabra e a volta do nadal , os nenos/as recibiron os agasallos que deuseu o Apalpador, unha carta e uns cores de pinturas.




Ademais estamos moi contentos pois un alumno de 3º de primaria "Jesús da Silva Ríal" gañou uns dos premios do concello e Apalpador cos demais agasallos deixounos un especial para Jesús.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤