Ir al contenido principal

QUE LEMOS? 3º E 4º DE PRIMARIA

Os alumnos/as de 3º e 4º de primaria foron  facendo un rexistro dos libros que leron ao longo do trimestre, na ficha de cada libro recolleron  o título, escritor, ilustrador e editorial. Tamen detallaron algúns aspectos do libro que lle servirá para recordalo: os personaxes, o que sentiron, o que lles gustou, o que non lles gustou….ademais de realizar un debuxo relacionado coa historia que leron.
Ao rematar cada trimestre fixemos un caderno por curso, co que tiveron un diario das lecturas realizadas ao longo dese trimestre

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤