Ir al contenido principal

MURAIS DA PAZ 2018

Comezamos este traballo cun torbellino de ideas na hora de titoría. De aí partiu a idea de facer dous murais,un sobre a paz no mundo e outro que reflexara os países que actualmente atópanse inmersos en guerras. 
Os pasos que seguimos foron: 
1. Fase de documentación. Na aula de informática, previamente facilitámoslles páxinas para procura de información. Ese primeiro día elaboramos unha listaxe sobre os conflitos bélicos actuais no mundo. 
2. Fase de preparación e elección do lugar onde iamos expoñer os murais.  
3. Fase de elaboración:  Con axuda do canón e a pizarra proxectamos o planisferio político mudo e o calcamos en papel continuo branco e logo o mesmo en papel amarelo. A idea era facer dous mapas. Un representaría a paz e outro a guerra. 
1. MAPA DE PAISES EN GUERRA 
a)  A continuación coloreamos de cor vermella todos os países que previamente comprobamos que estaban en guerra. ( Con todo iso traballamos contidos de xeografía e historia tanto os alumnos de cuarto como os de terceiro)
b). O seguinte paso foi outra vez na aula de informática. Creamos un cartafol compartido e nela volcou cada un a seguinte información sobre os países que lles foron asignados.: 
    - Silueta do país 
    - Breve descrición sobre o conflito 
    - información completa sobre o mesmo 
    - Na propia silueta debían incluír a breve explicación sobre a guerra.
c). Unha vez impresas todas as siluetas dos países en guerra, as plastificamos e recortamos.
d) Pegamos todas esas siluetas no mapa da guerra. E fomos unindo con chinchetas e fíos de cor vermella cada silueta co seu país correspondente do mapa
e) Por último pegámolo na corchera e puxémoslle de título: Países en guerra.
2. MAPA DE OBXECTIVO PAZ 
a). Xa tiñamos o planisferio en papel amarelo. 
b)Imprimimos, plastificamos e recortamos moitas pombas da paz en distintos tamaños.
c) Coloreamos de negro os países q estaban en guerra. 
d) Pegamos pombas da paz en todos os países do mundo onde non hai conflitos bélicos. 
e) E finalmente colocámolo na corchera co título OBXECTIVO paz. É un mural optimista e no que comprobamos todos que hai moita máis paz no mundo que guerras pero o noso obxectivo é a paz global.

3. MEDRAR SEN GUERRAS:  Para finalizar o traballo, reformamos un cartel sobre a paz doutro curso. A idea era facer un contraste e un punto intermedio entre a guerra e a paz. Consistiu en elaborar un xardín onde os nenos crecen como as flores. Un mundo feliz e en paz. É un mural alegre e cheo de colorido. O título que lle demos foi: MEDRAR SEN GUERRAS 


4. OS MUROS NON SON A SOLUCIÓN: 
a) Lectura do libro "O valo" de Carlos Labraña (Xerais).

No medio dun deserto, que se estende até onde alcanza a nosa vista, o Soldadiño de chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame, xusto onde no seu mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, a rosa do deserto, unha rapaza abandonada, que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a súa sede. Xaora, sentados de costas, mirando as estrelas fugaces no firmamento, Sahara e o Soldadiño comparten idéntico ceo e comprenden que só na procura dos seus soños atoparán a liberdade.Peza dun único lance para dous personaxes, "O valo" propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades. Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2016, o xurado salientou “o carácter sobresaliente” desta peza que ten a guerra de Siria como pano de fondo.
b) Debate sobre o que acontece 
c) Realización dun mural que o representa.



5. EXPLICACIÓN DO TRABALLO AO ALUMNADO DO CENTRO.
 Na primeira semana de febreiro os alumnos de cuarto foron chamando por grupos a todos os alumnos do centro e explicaronlles o significado de todo este traballo.
 Conclusión:  Damos a enhoraboa aos departamentos implicados da ESO e aos alumnos que traballaron arreo e a súa vez aprenderon moitos aspectos de diferentes materias como xeografía, historia, informática, plástica, lingua.etc





Comentarios

Entradas populares de este blog

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

FIGURAS RETÓRICAS

Estes días as plumas de secundaria estiveron viaxando polos mundos da retórica e plasmaron o que o voso inxenio lles dictou. Metáforas , símiles e greguerías aparecen na cotidianidade da nosa vida, pero adican o seu maior esforzo cuando serven como ornamento da lírica. A poesía é vida e a vida tamén é lírica en ocasións. Hoxe os alumnos/as de 1º e 2º de ESO amósanos o seu afán por engalanar e acicalar os seus textos coa axuda destes recursos poéticos, quizás porque o Día da poesía acercase... Enhoraboa. SÍMILES  Open publication - Free publishing - More news METÁFORAS  Open publication - Free publishing - More news GREGUERÍAS Open publication - Free publishing - More news