Un ano máis, coincidindo co día de San Valentín, celebramos no cole o día da amizade. Como en anos anteriores centos de cartas e ilusións percorreron as clases, corredores e corazóns. O reparto foi posible grazas á colaboración dos nosos alumnos/as de biblioteca aos que queremos agradecer o seu esforzo e colaboración. Grazas a todos os que participastes nesta bonita actividade. Deixamos unha fotos para que poidades ver como foi esta actividade. Un saúdo a todos.
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños



Comentarios
Publicar un comentario