Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

Autobús doazón de sangue

  Hoxe 30 de marzo veu o autobús da doazón de sangue e os cativos e cativas puideron ver cómo era por dentro. Mirade que interesante 👀

Xogamos a ser ATLETAS

O pasado mes de xaneiro recibimos no colexio, dentro do programa XOGADE a dous adestradores que, durante tres sesións, axudáronnos a mellorar a técnica nas diferentes disciplinas do atletismo.  Hoxe tivemos a sorte de poñer en práctica todo o aprendido nunha xornada moi divertida que tivo lugar no módulo de atletismo no Ifevi.  Na xornada non faltou nada: quecemento xogando ao voleibol, carreiras, saltos, lanzamentos e, por suposto, repoñer forzas antes de volver ao colexio.  Listos… xa!

22 M - Día Mundial da Auga

  O pasado 22 de marzo, conmemorouse o  Día Mundial da Auga e por este motivo quixemos concienciar á comunidade educativa para que aforrase auga. Aproveitamos para compartir convosco unha  fábula do pobo quechua en Perú sobre un colibrí que é a icona que neste caso elixiron para a campaña de divulgación do día mundial da auga 2023.  O lema é “se o cambio que queres ver no mundo”. Fábula Certo día declarouse un incendio no monte e todos os animais fuxiron disparados. Con todo, tras poñerse a salvo, quedaron pasmados contemplando as chamas, sumidos no terror e a tristura. Por enriba das súas cabezas, unha colibrí ía e viña do lume, unha e outra vez. Os animais máis grandes preguntáronlle ao colibrí que estaba a facer. —Voo ao lago a por auga para axudar a apagar as chamas. Os animais botáronse a rir e exclamaron: —Ti soa non podes extinguir o incendio! —É certo —contestou a colibrí—, pero estou a achegar o meu gran de area. O alumnado do CPI Arquitecto Palacios participou na campaña rea

Semana da poesía

A semana pasada celebramos na nosa escola a "Semana da Poesía" xa que o 21 conmemorouse o Día Mundial da Poesía.. Fixemos actividades moi variadas: - Mural de poemas de todo tipo: feitos con recortes de xornais, con lettering, poemas doutros poetas... - Videopoemas por parte do alumnado de 3º EP:

Un día polo horto...

  Hoxe, o alumnado de Educación Primaria puido desfrutar das actividades do horto que realizamos mes a mes. Cada curso encargouse dunha cousa: 1º EP: xogo sobre a horta. 2º EP: Luff: a esponxa vexetal 3º EP: Rotación de cultivos 4º e 5º EP: Quitar herbas e transplantar os xirasois 6ª: Experimentos do solo Sen dúbida, un día moi gratificante grazas a Raquel e Diana. Vos deixamos cun resumo:

MES DA NATUREZA CON SOMOSTERRA E TEATRO DO AR

  O pasado mércores o alumnado de 6º de EP e 1º da ESO puido desfrutar dunha xornada de investigación e xogo relacionado coa natureza. Fixeron de detectives e tiñan que investigar cal era impostor. O conseguiron? Vos deixamos cun vídeo:

OBRA DE TEATRO. FRANCÉS

O pasado 8 de marzo o alumnado de secundaria desfrutou dunha obra de teatro en francés onde foron personaxes da historia. Mirade 😊

PREMIOS OLLO CON NIGRÁN

  PREMIOS OLLO CON NIGRÁN Ao noso centro por ser o colexio con máis participantes no certame. Aos alumnos e alumnas: I Premio Infantil: Gael (6º EP) II Premio Xuvenil: Carlota, Jerónimo, Andrea e Inés (2º ESO) III Premio Infantil:  Maia e Mael (1º e 3º EP) Sergio e Aina (2º EP) Vos deixamos cos marabillosos vídeos que crearon: III Premio Infantil: Mael e Maia (3º e 1º EP) II Premio Xuvenil : Carlota, Inés, Jero e Andrea (2º ESO) I Premio Infantil: Gael (6º EP)

CONGRESO DE INNOVACIÓN: FPINNOVA

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de EP e de 1º e 4º da ESO visitaron o Gaiás na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.. Asistiron a un Congreso de Innovación na Formación Profesional que serve de referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, na transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está inmersa a Formación Profesional. O congreso contaba cunha zona expositiva onde os rapaces e rapazas puideron coñecer: A investigación e a innovación que os centros de FP están a desenvolver a través da visualización de diversos proxectos. A innovación ligada ao emprendemento. A experimentación das novas tecnoloxías coa participación nos obradoiros sobre diversas temáticas: ciberseguridade, biotecnoloxía, robótica, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada... Sen dúbida, esta xornada resultou unha fantástica ocasión para coñecer as diversas posibilidades que nos ofrece a formación profesional nos diferentes centros. Vos deixamos cunha mostra do qu

Acrosport

En 3º y 4º de Primaria practicamos o ACROSPORT, un deporte acrobático-coreográfico para o cal, ademais de empregar o noso equilibrio, coordinación, forza e control postural, tivemos que traballar de xeito cooperativo cos nosos compañeiros e compañeiras.   3, 2, 1… figura conseguida!

Doazón de sangue

  O día 30 de marzo , unha unidade móbil da Axencia de Doazón de sangue virá  e a nosa misión axudar será. O alumnado de sexto de primaria participa nesta campaña de doazón de sangue e convídanos a participar.

PERFORMANCE en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o CIM de Nigrán

E seguimos conmemorando o 8M pero nesta vez o  alumnado de 3º e 4º da ESO tiveron a sorte de ser espectadores dunha performance . As artistas son Neves Seara e Elsa Pereira. Falaron sobre a violencia obstétrica que sofren as mulleres. Agradecemos dende aquí a Deputación de Pontevedra e o CIM de Nigrán por escoller o noso centro educativo para conmemorar de forma tan especial o Día da Muller.

Mulleres que admiramos

  Seguimos a traballar o 8 M, e a rapazada de sexto de primaria estivo realizando unhas actividades onde as mulleres son as protagonistas, A primeira actividade foi pensar nunha muller que admirasen e pensar adxectivos relacionados coa súa personalidade que as definan. Todos eses adxectivos son recollidos nunha nube de palabras que crearon cunha web. A segunda actividade foi crear uns tulipáns para entregar como agasallo a esas mulleres que admiran.  Son uns artistas 😀 Mirade 🤓

As estacións meteorolóxicas

En 3º de Primaria estivemos estudando a atmosfera, as súas capas e os fenómenos meteorolóxicas, rematando a unidade coa elaboración da maqueta dunha estación meteorolóxica. 

8 M - Día da Muller Traballadora

Para conmemorar o día de hoxe, 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, damos comezo coa nosa aportación. Consiste nunha acción simbólica que levaremos a cabo ao longo da semana onde as nenas e as mulleres da nosa Comunidade Educativa son as protagonistas.👧👩👵 Debuxaremos as súas siluetas por todo o centro educativo e ocuparemos o noso espazo, sendo protagonistas e reclamando a nosa entidade e importancia en todos os aspectos da nosa sociedade. En sororidade por todas! Aquí vos deixamos cunha pequena mostra do que se está realizando:

Contacontos: Lúa quiere viaxar a… Marte!

  Para conmemorar o 8 de marzo , Día da Muller, a rapazada de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria puido asistir a un contacontos titulado Lúa quiere ir a… Marte contado por A Xanela do Maxín. A historia contábanos o soño de Lúa, a cal sorprende a todos cunha gran nova: que quere ir a Marte. O que ocorría era que tiña moitos atrancos e dificultades para conseguir o seu soño pero faría todo o posible para logralo. Este conto fomenta a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e nomea que hai moitos referentes femininos que acadaron os seus soños a pesar das dificultades. Vos deixamos cun resumo:

TAPÓNS SOLIDARIOS. CENTRO JUAN MARÍA

  A pasada semana tivemos unha visita moi especial, veu o Centro Juan María para impartir aos cativos e cativas de 5º e 6º de Primaria unha charla - obradoiro de tapóns solidarios. Ensináronnos a importancia dos tapóns e como saber clasificalos xa que non valen todos! Moitas grazas Equipo Juan María por todas as aprendizaxes! Aquí vai un resumo:

Saída: Sala Ártika e Naturnova

No día de onte, o alumnado de 4º, 5º e 6º fomos de saída a Vigo.  A primeira parada que fixemos foi Sala Ártika onde puidemos desfrutar dunha obra de teatro titulada "Cartoóns". A obra trataba de dous personaxes abandonados nas marxes, os cales perderon todo e tiñan que inventalo todo de novo. Convirten o noso lixo en luxo e lle dan unha nova vida as cousas. A segunda parada foi na Alameda de Vigo, onde puidemos compartir un ratiño de merenda todos xuntos ao sol.  Finalmente, fomos a Naturnova , o Centro Interactivo de Educación Ambiental de AFundación, onde nos agardaba o  Desafío Naturnova.  Aquí percorremos distintas salas onde puidemos explorar o universo, o noso planeta, o ser humano e o medio dunha forma activa e lúdica a través de módulos e actividades interactivas e didácticas: xogos de ordenador, imaxes virtuais, obxectos, olores, recreación de ambientes, mapas,... Foi un día moi completo, con moitas aprendizaxes e moi emocionante.😀😁😄 Botade unha ollada 👇