Ir al contenido principal

Xogamos a ser ATLETAS

O pasado mes de xaneiro recibimos no colexio, dentro do programa XOGADE a dous adestradores que, durante tres sesións, axudáronnos a mellorar a técnica nas diferentes disciplinas do atletismo. 

Hoxe tivemos a sorte de poñer en práctica todo o aprendido nunha xornada moi divertida que tivo lugar no módulo de atletismo no Ifevi. 

Na xornada non faltou nada: quecemento xogando ao voleibol, carreiras, saltos, lanzamentos e, por suposto, repoñer forzas antes de volver ao colexio. 

Listos… xa!




























Comentarios

Entradas populares de este blog

Proxecto trimestral: Brailleando ando!

  “Seremos o cambio que queremos ver no mundo” é o noso lema (deste curso e da nosa vida). Sabemos que alcanzar ese propósito non é doado, require de moito traballo e esforzo individual e colectivo.  Hoxe contarémosvos un pouquiño do traballo en equipo que realizamos no segundo trimestre focalizado na procura do noso lema.  Todo comeza coa resposta á seguinte cuestión: como podemos ser o cambio que desexamos para o mundo? A resposta está clara, axundando aos demais; pero, como? Empatizando, solidarizándonos, respectando, axudando… Entre moitas outras accións. Dita resposta achegounos a coñecer, a conectar e a gozar co braille durante o segundo trimestre.  Primeiro documentámonos sobre que era o braille, quen o empregaba, a quen se lle ocorreu a brillante idea de crealo, onde podemos atopalo no noso día a día, etc. Comezamos decorando as caixas de ovos de seis oquiños que nos axudan a comprender a composición do braille, xa que tan só precisamos coñecer moi ben 6 puntiños para escribir

RECITANDO A CELSO EMILIO ...DÍA DOCE DO DOCE DO DOUS MIL DOCE ÁS DOCE

Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro , unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) propóñennos renderlle unha homenaxe pública cun acto colectivo de recitado público do poema " Deitado fronte ao mar " (Longa noite de pedra, 1962). O CPI de PANXÓN, o día 12 do 12 do 2012 ás 12, súmase a esta iniciativa. Deitado frente ao mar I from Seso Durán on Vimeo .