Ir al contenido principal

8 M - Día da Muller Traballadora


Para conmemorar o día de hoxe, 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, damos comezo coa nosa aportación. Consiste nunha acción simbólica que levaremos a cabo ao longo da semana onde as nenas e as mulleres da nosa Comunidade Educativa son as protagonistas.👧👩👵

Debuxaremos as súas siluetas por todo o centro educativo e ocuparemos o noso espazo, sendo protagonistas e reclamando a nosa entidade e importancia en todos os aspectos da nosa sociedade. En sororidade por todas!

Aquí vos deixamos cunha pequena mostra do que se está realizando:



Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

DA POESÍA.......Á AUGA....Á VIDA

As actividades da Biblioteca este curso estan integradas no Proxecto de enerxías sostibles que se ven desenvolvendo no centro. Marzo, mes da  POESÍA non podía ser menos e todo o CPI puxo o seu sentimento na rima. A temática foi a AUGA ben imprescindible para a vida e tan escasa hoxe, moitos de nós nunca o pensaramos tan profundamente polo que a degustamos, tocamos, sentimos, e......saleu a nosa obra poetica.  Antes de presentala e pensado na sesión de recitado de Poemas, uns pequenos consellos.   de Santiago Pascual UNS CONSELLOS PARA O RECITADO DE  POEMAS Recitar é dicir un poema intentando reproducir os efectos sonoros e a expresividade que o autor lle imprimiu ao crealo. Para recitar correctamente un poema é moi importante: Ler varias veces o poema para comprender ben o seu significado. Ler varias veces en voz alta para interiorizar o seu ritmo Coidar a pronunciación e vocalizar ben as palabras. Intentar vivir a emoción que expresa o texto. ...