Ir al contenido principal

3 D - Día Internacional das Persoas con Discapacidade

 

Como cada 3 de decembro conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
As lecturas propostas nesta ocasión son:
Dende o noso centro traballamos este día tendo como referentes as paralímpicas españolas a partir das cales, fixemos un mural. Os nenos e nenas de 1º, 5º e 6º traballaron xuntos, leron as biografías destas rapazas e sobre todo, aprenderon un montón. Mirade:






Para finalizar este día, os cativos e cativas de EP puideron asistir a un encontro co CEE Juan María e outros centros educativos no pavillón de Panxón onde puideron ver unha actuación do grupo Xermola: Todos menos uno. Para finalizar a xornada, gozaron dunha chocolatada.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

11 F: Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

  Os nenos e nenas de 5º de Primaria fixeron un traballo de investigación sobre mulleres científicas para conmemorar así o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Investigaron mulleres como Isabel Zendal, Antonia Ferrín, Concepción Arenal, Ángela Ruiz Robles, Ángeles Alvariño… e fixeron unhas fichas técnicas que quedaron expostas no corredor da escola.  Botade unha ollada: