Ir al contenido principal

Entradas

CONTOS, FÁBULAS E LENDAS

Recopilación excelente de enlaces e recursos que sobre esta temática ofrecenos Rosa Larraz en Cuaderno Intercultural. Coleccións de contos e fábulas, audiocontos e videocontos, contos cortos, contos interactivos, contos infantís signados... Extenso e útil repertorio para telo nos teus favoritos    

LECTURA E FAMILIA

Para que o fomento lector sexa exitoso a longo plazo requierense estratexias que privilexen o gusto pola lectura a través dun traballo conxunto da familia e a escola. Estas publicacións recollen orientaciónes de grande interese para ler en família. Vía Bibliotecas de Albacete

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA AOS FUTUROA BATEEIROS

Hoxe 29 de maio visitáronnos os futuros Bateeiros, que son os alumnos/as de 5 anos na EEI As Dunas. Viñeron coa súa profe Isa e a Directora Raquel. Estaban moi nerviosos pois ían coñecer o seu futuro colexio. Os nenos e nenas de 2º traballaron moitísimo para decorar a clase, facer o mural dos futuros Bateeiros e facer os debuxos cos que os agasallaron. Xuntámonos todos e todas no Salón de actos e fixemos unha dinámica de grupos para coñecernos un pouco mellor, pasámolo moi ben todos. Coñecendonos - foto montaje Logo de facer a presentación e coñecernos un pouco mellor démoslles a sorpresa de ensinarlles o pavillón que é enorme e alí estaba Victor para facer un xogo deportivo con todos nos. XOGOS NO PAVILLÓN - foto montaje Desfrutaron no recreo coa alumnado do primeiro ciclo moitos deles foran xa compañeiros/as deles na Escola de Dunas. ...

MARCAPÁXINAS

Para o día da poesía ademáis de iniciarnos nos poemas e facer un pequeno poemario, elaboramos uns marcapáxinas cunha pequena rima alusiva ao mar, destacando a importancia que ten para nosoutros o seu coidado. Todo isto como podedes ver, sempre dentro do mesmo proxecto: "ENERXÍAS SOSTIBLES". Apoveitando que o luns é o dia do libro parécenos unha boa idea agasallar aos nosos pais con este marcapáxinas xa que son eles os que nos inculcan nun primeiro momento ese interese polos libros, e máis, cando compartimos momentos comúns de lectura. Open publication - Free publishing - More book

PENSAMENTOS

Un ano máis alumnos/as ingleses veñen de intercambio ao noso colexio e como sempre o alumnado de Primaria ten preparado o seu recibimento. Como coincide có día do libro, luns 23 de abril, os alumnos/as de 3ºP danlles a benvida cun pequeno agasallo, un libro que titulamos "PENSAMENTOS" Está feito con materiais reciclados xa que non pode ser douta maneira, dado que entra dentro do proxecto que estamos a levar a cabo este curso: "ENERXÍAS SOSTIBLES". O material que utilizamos foi papel reciclado por eles mesmos no obradoiro de "AULA VERDE". Como soporte de cada páxina, usamos follas de revistas e aproveitando a frase que viña escrita como encabezamento de cada unha destas, os alumnos foron dando as súas respostas, o que deu lugar ao libro. As tapas do libro son recicladas a partir dunha carpeta xa retirada de servicio, pero que nos serviu para a ocasión. E para rematar, as pastas atámolas ás follas cuns fíos de rafia. Esperamos que aos alumnos ingles...