Ir al contenido principal

O CONDE ANTONIO E O SEU CRIADO PATRONIO


Os alumnos de 3º estudaron a prosa didáctica coñecida en lingua castelá durante a EM. Unha das obras vistas foi O Conde Lucanor, unha recompilación de 51 contos onde un conde se dirixe ao seu criado Patronio para pedirlle consello sobre como gobernar mellor a súa facenda. O criado responde mediante historias relacionadas e o conde Lucanor logra unha aprendizaxe que se resume a xeito de sentenza.

Os vosos compañeiros inventaron outros contos que tamén poderían engadirse a esta obra de Don Juan Manuel, só que fixeron algunha modificacións que moito teñen que ver co proxecto anual. O conde do seu libro pasa a chamarse Antonio como así se chama un dos grandes indutores deste proxecto. De novo Lingua e "Da horta ao prato" volven encontrarse e os consellos dos alumnos de 3º axudarán a mellorar o goberno de hortos, campos e propiedades agrarias.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

HORA DE LER

Hoxe foi o primeiro día que o sol deixou asomar unha primavera que todos votabamos de menos. Para celebralo , deixamos a aula para facer a hora de ler no patio. Unha boa idea que seguro repetiremos.