Ir al contenido principal

CONTOLANDIA

Lembrades que algúns de vós participastes na actividade organizada para  O Día das Bibliotecas¡¡¡ Tiñades  que convertervos en empregados dunha axencia de viaxes e animarnos a visitar o país dos libros. Todos os traballos presentáronse en clase e xa foron publicados. Pero, aínda había máis. Catro alumnas de 2º ESO (Sabela, María, Sofía e Ana) decidiron facer unha maqueta do país imaxinario de Contolandia. Alí atopámonos coa avioneta do Principiño, a casa dos tres Cerdiños, A trenza de Rapunzel...
Un marabilloso traballo que decidimos colocar nun lugar de honra: O recuncho lector.
Parabén ás catro alumnas por este traballo tan laborioso e creativo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤