Como sempre polo Nadal queremos recomendar que entre os vosos agasallos de reis estean presentes libros, a continuación tedes as suxestións que os coordinadores de Bibliotecas do Val miñor facemos para este nadal. Ademais ao igual que en otras festas no corredor da planta baixa colocamos un expositor coas suxestións lectoras.
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños
Comentarios
Publicar un comentario