Ir al contenido principal

CONVIVE+

 


A intelixencia emocional é a capacidade de recoñecer os sentimientos e emocións propias e alleas, e de manexar axeitadamente as relacións coas demais persoas.

Para comprender e regular as emocións e ir un pouco máis aló contamos con Jeny de Convive+ que nos ensinou a coñecer mellor as nosas emocións así como a ser máis asertivos.

Que importante é coñecernos a nós mesmos e coñecer aos demais!

Tivemos a sorte de participar nunhas sesións dinámicas con xogos a través dos cales reflexionamos e adquirimos ferramentas para poder levar a cabo no noso día a día.

Creamos un espazo de reflexión onde compartir as nosas emocións cos demais dunha forma asertiva.

Moitísimas grazas, Jeny @convive.mais por todas as aprendizaxes e trucos para relaxarnos! 😊😊😊

Vos deixamos cun video - resumo:




Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏