Ir al contenido principal

Entradas

LECTURAS HALLOWEEN-SAMAIN

Familias, achégase unha celebración pedagóxica moi atractiva para os máis pequenos: HALLOWEEN-SAMAIN. A parte de disfrazarse podemos achegarnos a esta festa a través de títulos que relatan historias de halloween ou sinxelamente os medos que tanto nos asustan a todos desde moi pequenos. Non é a nosa intención asustalos, todo o contrario é fomentar a lectura en familia e a creatividade. Guía De Lecturas E Cine Samaín 19 20 Leer más publicaciones en Calaméo SELECCIÓN LECTURAS EN INGLÉS

ENTREGA REXISTRO LECTURAS PRIMARIA

Hoxe entregáronse as carpetas de rexistro lector. A ver quén é o que le mais este curso......

REBELDES TRANSGRESORAS: DÍA DAS ESCRITORAS

Como xa vos explicamos en entradas anteriores dende o 2016 vense celebrando o Día das escritoras como iniciativa da Biblioteca Nacional de España, este ano dende a biblioteca quixemos reivindicar o legado das escritoras facendo un achegamento a algunha das mais coñecidas en lingua castelá e galega. Asi o día 14 de outubro na hora de ler, o alumnado tivo que escoller unha escritora e investigar e ler sobre ela. O resultado deste traballo foi un libro dixital e un mural.

CULTURA QUE CONTA: LÍRICA POPULAR MEDIEVAL NO CPIARQUITECTO PALACIOS

Os alumnos/as de 3º estudiaron e traballaron as diferentes mostras da lírica popular na Idade Media . As jarchas, as cantigas de amigo e os villancicos desta época  servíronlles de exemplo para poder inspirarse e, seguindo as pautas de xuglares e trovadores, compuxeron como si nese momento da Literatura estiveran.

OUTUBRO DE HALLOWEEN

Xa estamos en outubro e non vos podedes esquecer dos concursos que presentamos con motivo destas datas . Para participar no concurso de Relatos de terror teredes que presentar os traballos antes do día 12 de novembro. Os relatos poderán estar escritos tanto en galego como en castelán e entregarédellelos ás profesoras de Secundaria  destas asignaturas respectivamentes.O día 15 (dia no que celebraremos o Magosto ) entregaranse os premios ós gañadores.   Para o concurso de cabazas  terédelas que traer dende o 28 ó 30 de outubro. Inxenáivolas para presentar a cabaza mais terrorífica, curiosa ou divertida. Seguro que os resultados volven a sorprendernos a todos. A ver quen logra asustarnos mais este ano...

OS DE 6º TIVERON UN VENRES DE ANDAINA

A Fundación Menela é unha recoñecida entidade de iniciativa social , sen ánimo de lucro que atende ás necesidades das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e as súas familias. Para que poideran coñecer millor o traballo de esta Fundación, os alumnos e alumnas de 6º foron convidados o Auditorio de Nigrán e, para chegar fixeron antes unha andaina de 4 km en total. Alí ,os  rapaces que forman parte da fundación, tocaron varias pezas musicais e, logo, mostráronlles un vídeo de varias das etapas que fixeran do Camiño de Santiago Portugués. Un venres de deporte , empatía e aprendizaxe.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este luns Primaria tivo a formación de usuarios o longo de toda a mañán. Todos  os alumnos baixaron á biblioteca e recordaron e aprenderon todo o imprescindible para ser un bo  usuario de este espazo. Tamén se repartiron as carpetas co carné e o marcador e as mochilas viaxeiras por curso.  Esperamos que disfrutedes de todo o material que se escolleu para cada unha delas e que o compartades con toda a vosa familia. Xa tendes todo o material preciso para iniciarvos como lectores este curso.  A ver que curso lee mais este ano...