Este ano o Salón do Libro de Pontevedra tivo que ser suspendido con motivo da crise sanitaria do coronavirus. Pero a organización tentou atopar unha solución que permitira, por unha parte, facer máis levadeira a situación actual á cativada confinada e por outra, paliar na medida do posible o impacto que está a ter no sector cultural, onde se están a cancelar a meirande parte das actividades programadas neste tempo. Así foi como naceu o SALÓN VIRTUAL, que aínda podedes visitar premendo no seguinte enlace: SALÓN VIRTUAL O resultado foron máis de 100 publicacións nas redes sociais, que inclúen obradoiros, xogos, contacontos, exposicións virtuais, actuacións,... Atoparedes enlaces a todas elas a través do enlace anterior. Nesta entrada gustaríanos destacar algunhas propostas, que vos poden resultar útiles nas vosas casas: OBRADOIRO DE MINDFULNESS CREATIVO EN FAMILIA Neste obradoiro, impartido por Anxo Fariña , aprenderedes a relaxarvos e a entender as vosas emocións ...