Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2017

POSTAL E PEGATINA CONMEMORATIVAS DO HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

Seguindo as ideas propostas por Mª Carmen SanMartín do CEIP Santiago Apóstolo, e gracias as súas aportacións, o día 22 de febreiro antes de comezar os actos de homenaxe repartimos unhas postais conmemorativas para este día na que se recollía no reverso poesías de diversos libros de Rosalía, estas poesías foron diferentes según os cursos, ademais gracias a colaboración do mestre de música tamén regalamos a todo o alumnado unha pegatina conmemorativa para que ninguén esueza esta data.

KAMISHIBAI ROSALíA DE CASTRO 6º PRIMARIA

Seguindo a proposta feita por Mª Carmen SanMartín do CEIP Santiago Apóstolo (franza-Mugardos) co libro "Rosalía" de Helena villar Janeiro e ilustrado por Ánxeles Ferrer (biografía moi sinxela acompañada de anacos de poemas que "ilustran" o que nos vai contando o texto). Os alumnos de 6º de primaria utilizando o kamishibai prepararon a lectura deste libro para o resto dos compañeiros de primaria e recitaron diversos poemas que veñen no libro.

ACTO HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

O día 22 de febreiro cun pouco de adianto sobre a data do seu nacemento 24 de febreiro, celebramos no salón de actos un pequeño homenaxe a Rosalía de Castro que consistiu na visualización dun vídeo elaborado polo equipo de Normalización Liguistica, un baile galego (muiñeira) interpretado por alumnas da ESO e acompañado na música coa interpretación musical do primeiro poema do seu libro “Cantares galegos 1863” que é “HAS DE CANTAR”, a interpretación musical foi realizada tamén polo alumnado de secundaria

RECORDAMOS A ROSALÍA DE CASTRO

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web .

GRUPO DE FLAUTAS NO DIA DA AMIZADE E O AMOR

O grupo de flautas do centro unha vez mais volveu a deleitarnos cunha actuación na hora do recreo no corredor do colexio, as cancións que interpretaron foron:  "Can`t help falling in love"  de Elvis Presley " All of me" de John Legend Titanic  Desde aqui queremos darlles as grazas polo seu esforzo e bo facer ( tiveron que adicar moitos recreos a esta preparación). A interpretación podedes vela pinchando nas imaxes, así como a cara de satisfacción do resto dos compañeiros ao escoitalos.

CELEBRANDO A AMIZADE E O AMOR

Xa pasou unha das nosas celebracións máis esperadas: O día dos namorados. O equipo de biblioteca traballou durante os recreos para ter todo preparado para ese día. Os axudantes de biblioteca encargáronse de colocar en todas as mesas de Primaria un globo e unha galleta en forma de corazón cunha poesía de amor. Para o resto dos alumnos de Secundaria e para o colectivo educativo tamén houbo galleta. Non foi nada sinxelo ter todo preparado para tantas persoas, sobre todo cando eles tamén se encargaron de ser cociñeiros do amor e traer feitas tantísimas galletas. Ademais fixeron un curioso mural para que puidésemos inmortalizar unha escena de amor. Todo terminou co concerto do grupo de frautas do centro e a entrega das cartas que encheron as caixas de correos xa desde o primeiro día da semana. Sei que vos encantaron as galletas dos reposteiros do centro por iso , en breve ,engadiremos as súas secretas receitas no blogue. Está claro que hai moito amor no CPI de Panxón Déixovos con algunh

LEMOS POEMAS

O 21 de marzo celébrase o Día da poesía, por iso dedicaremos todo o mes aos textos líricos. Toda Secundaria terá nas súas aulas unha selección de poemas e en todas as Horas de Ler deste mes todos/as teredes que perderlle o medo aos versos, ás figuras estilísticas , á rima...á poesía. A semana do 20 ao 24 recitaredes o poema que anteriormente seleccionásedes e escolleranse aos dous mellores declamadores de cada curso. Só eles terán unha especial misión didáctica: compartir a súa arte de recitadores cos alumnos de Primaria durante a última semana do mes. Folga dicir que todos os seleccionados veredes reflectido o voso esforzo nas notas de Lingua castelá e galega. Así que; poñédevos en marcha, seleccionade autor, poema e a ensaiar. Os alumnos de 1º e 3ºde ESO escollerán unha poesía que lles guste, pertencente a algún dos autores que se lles recomendou . Deberán presentar ao autor e recitar o poema escollido, explicando a razón da súa elección. A exposición deste curso realizarana

CONTACONTOS "A RATIÑA PRESUMIDA"

Zoe Blas Bulzacca alumna de 2º de primaria, na celebración do día de San Valentín contou aos seus compañeiros/as a  versión da "Ratiña Presumida" de José Antonio López Parreño, de Kalandraka. Moitas gracias Zoe, desfrutamos moito co teu contacontos e esperamos que os teus compañeiros tamén se animen a contarnos contos.

INVESTIGAMOS A COMUNICACIÓN DIXITAL

Os alumnos de 4º ESO tiveron que expoñer e presentar diferentes plataformas de comunicación dixital: as súas características, vantaxes, desvantaxes, perigos... Déixovos co vídeo resumen dalgunhas das súas intervencións. Só tedes dar un clic na imaxe para velo.

LECTURAS CON AMOR

Non vos esquezades que durante esta semanas estarán no expositor unha selección das lecturas de amor que desde a biblioteca escollemos para vós, ademais axuntamos a guía cos libros que para esta conmemoración temos na biblioteca.

ENTROIDO CINEPANXÓN

CARTAS DE AMOR

Outro ano máis celebramos o día de San Valentín coas nosas cartas de amor e amizade. Os buzóns de correos xa están colocados e durante esta semana e o luns da próxima poderedes escribir mensaxes de amor para calquera alumno/a do centro ou persoa que pertenza a el. Seguro que tedes moito amor que dar e é necesario aprender a exptresalo. É o momento de que algúns empecedes. O martes, os carteiros da maizade e amor (axudantes de biblioteca) pasarán antes do recreo para entregarvos as cartas das que fósedes destinatarios. A ver cantas recibides este ano...

ESPAZO LECTURA: FEBREIRO 2017

Achegámosvos a nota informativa coas actividades de Espazo Lectura para o mes de febreiro. Agardamos que sexan do voso interese.

CAMPAÑA "ESPANTALLO AMIGO"

O alumnado de 3º e 4º de primaria vai participar na campaña "Espantallo amigo" de Xosé Neira Vilas, para poder participar tedes que ler o libro de Xosé Neira Vilas e logo asistir a representación teatralizada desta obra polo grupo Quinquilláns. A campaña está organizada polo concello de Nigrán.

CRÍTICA DO RECUNCHO FEBREIRO: PATRIA

VERBAS DE AMOR

O PAPAGAIO: Nº 5 FEBREIRO

Xa temos na biblioteca o número 5 do xornal escolar mensual "O PAPAGAIO" de Edicións MOITO CONTO. Neste último número trátanse temas como: A Nanotecnoloxía,  o Acoso escolar, , a ciruxia........ e como sempre xogos, e diversas actividades que vos encantaran. Non os esquezades, ide a biblioteca e lelo cos voso amigos/as.

RECAUDACIÓN CARREIRA SOLIDARIA

Como xa sabedes o pasado 1 de febreiro fixemos unha carreira solidaria coa intención de recadar fondos para colaborar cos Servizos Sociais do Concello. A marcha foi todo un éxito de participación e tamén o foi de recadación, en total 722,91 EUROS. Foi o ano que máis diñeiro recaudamos e foi grazas á xenerosidade de todos vós, polo que queremos darvos as grazas a todos e esperamos que nos próximos anos sigamos sendo tan solidarios.Un saúdo a todos e de novo moitas grazas.

CONTACONTOS: A ESCOLA SECRETA DE NASREEN

Andrea Rodríguez Villar, alumna de 2º primaria contou aos seus compañeiros o conto " A ESCOLA SECRETA DE NASREEN" .En Afganistán, desde a chegada dos talibán, as nenas tiñan prohibido ir á escola, e as mulleres tiñan prohibido saír da súa casa sen ir acompañadas por un home da súa familia. Esta é a historia real dunha nena chamada Nasreen. A raiz da desaparición dos seus pais Nasreen deixa de falar e a súa avoa decide levala a unha escola secreta. Grazas a ela, Nasreen descubrirá novos horizontes e compartirá as súas experiencias con outras nenas.   Enhoraboa Andrea disfrutamos moita coa túa narración.

CARREIRA SOLIDARIA 2017

Onte 1 de febreiro celebramos no cole a xa tradicional Carreira solidaria pola PAZ, este curso é a séptima e comezou coa relaización por parte dos participantes dun "Mannequin Challenge" .  Como xa sabedes por anos anteriores esta carreira facémola a beneficio dos servixos Sociais do Concello, co obxectivo de cubrir as necesidades do noso entorno. É un día especial no cole xa que ademais de inculcar nosos alumnos/as valores tan importantes como son a solidariedade, o compañerismo, o esforzo....recaudamos fondos para axudar ás familias da nosa comunidade. Este ano participaron na carreira os alumnos de primaria e secundaria do noso centro e do de CEE de Panxón, alumnos/as de primaria do CEIP da Cruz (Camos), alumnos/as do CEE Juan María e do College La Providence de intercambio no centro e  que por segundo ano comparten connosco a carreira solidaria, ademais por primeira vez participaron na carreira os pequenos de 5 anos da Escola de Educación Infantil "A s

MANNEQUIN CHALLENGE NO DÍA DA PAZ

O 1 de febreiro na VII carreira solidaria en prol da PAZ, realizamos o reto dun Mannequin Challenge. Pincha na imaxe para poder visualizalo: MANNEQUIN POLA PAZ  

A PAZ: INGLÉS ESO

Como complemento ao traballo realizado nas diferentes materias e titoría, dende a materia de inglés, trataron de explicar de maneira sinxela a problemática dos refuxiados ACTIVIDADES o Formaron grupos para a busca e selección de noticias, ilustracións, imaxes, etc con texto en inglés acerca da temática dos refuxiados. - Cada grupo tivo que responder a unha pregunta concreta:        Who are the refugees?   Why do refugees flee their countries?  How do they feel before, during, at the end of the journey?  Where do they want to go and why?  - Elaboraron fraseses curtas, comentando as imaxes, e incluíndo vocabulario relacionado - Expuxeron o traballo realizado  nos corredores do colexio .