O día 22 de febreiro cun pouco de adianto sobre a data do seu nacemento 24 de febreiro, celebramos no salón de actos un pequeño homenaxe a Rosalía de Castro que consistiu na visualización dun vídeo elaborado polo equipo de Normalización Liguistica, un baile galego (muiñeira) interpretado por alumnas da ESO e acompañado na música coa interpretación musical do primeiro poema do seu libro “Cantares galegos 1863” que é “HAS DE CANTAR”, a interpretación musical foi realizada tamén polo alumnado de secundaria
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños


Comentarios
Publicar un comentario