Ir al contenido principal

CARTAS DE AMOR

Outro ano máis celebramos o día de San Valentín coas nosas cartas de amor e amizade. Os buzóns de correos xa están colocados e durante esta semana e o luns da próxima poderedes escribir mensaxes de amor para calquera alumno/a do centro ou persoa que pertenza a el. Seguro que tedes moito amor que dar e é necesario aprender a exptresalo. É o momento de que algúns empecedes.
O martes, os carteiros da maizade e amor (axudantes de biblioteca) pasarán antes do recreo para entregarvos as cartas das que fósedes destinatarios.
A ver cantas recibides este ano...

Comentarios

Entradas populares de este blog

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

HORA DE LER

Hoxe foi o primeiro día que o sol deixou asomar unha primavera que todos votabamos de menos. Para celebralo , deixamos a aula para facer a hora de ler no patio. Unha boa idea que seguro repetiremos.