Seguindo as ideas propostas por Mª Carmen SanMartín do CEIP Santiago Apóstolo, e gracias as súas aportacións, o día 22 de febreiro antes de comezar os actos de homenaxe repartimos unhas postais conmemorativas para este día na que se recollía no reverso poesías de diversos libros de Rosalía, estas poesías foron diferentes según os cursos, ademais gracias a colaboración do mestre de música tamén regalamos a todo o alumnado unha pegatina conmemorativa para que ninguén esueza esta data.
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños
Comentarios
Publicar un comentario